Rutas xeolóxicas en Cedeira


En colaboración co Concello de Cedeira ponse en marcha o programa de xeorutas ou rutas xeolóxicas 2017. Ofértanse catro visitas guiadas:

XEORUTA DO GRANATE 
A xeoruta do granate discorre por un pequeno sendeiro de pescadores dende o santuario de Santo André ata a enseada das Cortes, onde se observa unha ampla variedade de rochas moi chamativas tanto pola súa cor coma pola súa textura. Así como un salientable número de estruturas xeolóxicas, que poñen de manifesto a intensa deformación que afectou a esta rexión fai 350 millóns de anos. Esta ruta xeolóxica permitirá descubrir unha das zonas máis descoñecidas do litoral de Cedeira. 


Duración: 6 h. Distancia: 5 km. Dificultade: Alta 


Inscrición online na xeoruta: 



XEORUTA DOS CANTÍS 
Con esta xeoruta contemplaranse unhas impresionantes vistas panorámicas da Serra da Capelada, descubrindo así unha salientable estrutura xeolóxica de máis de 400 m de altitude. Do mesmo xeito poderanse tocar rochas que hai millóns de anos se atopaban a 70 km de profundidade ou no fondo dun antigo océano, que posteriormente foron intensamente deformadas pola colisión de dous supercontinentes hai 350 millóns de anos. 

Duración: 4 h. Distancia: 5 km. Dificultade: Baixa 

Inscrición online na xeoruta: 



XEORUTA DAS PRAIAS NEGRAS 
Esta ruta xeolóxica permite coñecer a que está considerada como a única praia de area negra non volcánica do noso planeta. Pero sen dúbida o emprazamento desta praia de Teixidelo aos pés dos cantís máis altos da Europa continental, fan desta zona un lugar de paisaxes incribles e cheo de contrastes. Ao longo da ruta tamén poderán ollarse a fervenza ou a falla de Teixidelo, unha estrutura xeolóxica que discorre por un fermoso val de orixe glaciar. O que evidencia que o clima no pasado foi moito máis frío. Ver vídeo

Duración: 7 h. Distancia: 4,5 km. Dificultade: Alta 

Inscrición online na xeoruta: 



XEORUTA DO CROMO 
Nesta xeoruta percorreranse os cantís máis elevados da Europa contni ental, unha vista privilexiada para contemplar o litoral entre Teixido e a Punta do Cadro. Unha zona que xeolóxicamente destaca pola presenza de rochas moi pouco habituais na superfi cie do noso planeta e que asociadas a elas foron descubertas acumulacións de minerais de cromo e platino. Pero esta visita guiada permite ollar tamén a presenza dunha salientable falla que corta toda a Serra da Capelada. 

Duración: 4 h. Distancia: 6 km. Dificultade: Baixa 

Inscrición online na xeoruta: 


Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog) 
Prezo: de balde                        Prazas: 20 e só 15 na das praias negras e do granate 

Máis información no teléfono da oficina de turismo (981 482 187) dentro do horario: L-V (10:30-14:00 / 17:00-20:00), S (11:00-14:00) e D (11:30-13:30). 

Folleto informativo: 

Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529