Rutas xeolóxicas en Moeche


En colaboración co Concello de Moeche ponse en marcha o programa de xeorutas ou rutas xeolóxicas 2017. Ofértanse dúas visitas guiadas:

XEORUTA DO TOELO (+ VISITA AO CASTELO)
Con esta visita guiada poderá coñecerse de primeira man un dos materiais ornamentais máis exclusivos que temos en Galicia, as serpentinitas ou toelo. Estas rochas, cunha fermosa cor verde, foron obxecto de explotación dende o século XIX en numerosas canteiras do concello de Moeche. Algunhas destas explotacións e os produtos finais do seu traballo (cruceiros, dinteis, hórreos, escaleiras, etc.) poderán visitarse e contemplarse nesta xeoruta. 

Duración: 2,5 h. Distancia: 3 km. Dificultade: Baixa 

Inscrición online na xeoruta: 



XEORUTA MINA PIQUITO 
Esta visita guiada posibilita adentranse na derradeira mina subterránea de cobre que se pechou en Galicia, contra o ano 1969. Nesta antiga explotación mineira poderanse observar unhas excepcionais formacións de estalactitas e estalagmitas de cor azul, verde, branca, marrón e negra. Todo isto unido a que as rochas que constitúen esta mina estiveron no fondo do mar hai aproximadamente 400 millóns de anos, farán que esta xeoruta non deixe indiferente a ninguén. Ver vídeo

Duración: 2 h. Distancia: 2 km. Dificultade: Baixa

Inscrición online na xeoruta (Non dispoñible ata o verán):


Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog) 
Prezo: indícase no formulario                          Prazas: 20 e só 10 na da mina 

Máis información no teléfono do concello (981 404 006) ou no email (correo@moeche.es).

Folleto informativo:

Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529