III Edición de "Descubrindo as rochas que pisas"


Como cada ano por estas datas ponse a andar o programa de divulgación xeolóxica para centros de ensino "Descubrindo as rochas que pisas" sendo este ano a súa 3ª edición.

Máis de 70 centros de toda Galicia puideron desfrutar desta actividade ata o momento, agardamos que este ano se animen novos centros a descubrir a xeoloxía dunha maneira divertida e amena.