Rutas xeolóxicas en Burela

Versión en castellano


En colaboración co Concello de Burela ponse en marcha o programa de xeorutas ou rutas xeolóxicas 2017. Ofértanse dúas visitas guiadas:

XEORUTA BURELA - O PERDOURO
Esta ruta xeolóxica permite descubrir o conxunto de pregues mellor conservado de toda Galicia, unhas estruturas xeolóxicas de máis de 300 millóns de anos de antigüidade, e orixinadas por mor da Oroxenia Varisca, salientable acontecemento xeolóxico da Era Paleozoica. Así como os fermosos arcos rochosos do Perdouro, a rasa cantábrica, superficie achairada que comeza en Burela e se estende por boa parte do Cantábrico; ou o contacto co granito de San Cibrao na zona de Castrelo.

Duración: 3 h. Distancia: 3,2 km. Dificultade: Baixa

Inscrición online na xeoruta: https://goo.gl/Vh85BB



XEORUTA BURELA - A MAROSA
Nesta xeoruta as rochas graníticas son sen dúbida algunha as protagonistas, un percorrido litoral que permitirá descubrir a orixe das pías, acanaladuras, tafonis, etc. unhas formas moi caprichosas xeneradas co paso dos anos. Do mesmo xeito observaranse as pegmatitas e aplitas, unhas rochas que en ocasións son portadoras de minerais semipreciosos e que mostran un aspecto moi chamativo. Os distintos elementos da costa granítica e a presenza de depósitos recentes completarán a visita.

Duración: 3 h. Distancia: 7,8 km. Dificultade: Baixa

Inscrición online na xeoruta: https://goo.gl/TNF7xS



Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog)
Prezo: de balde                    Prazas: 20

Máis información no teléfono do concello de Burela (982 586 000) ou na oficina de turismo municipal (982 581 138).

Folleto informativo: https://goo.gl/g3z2LD

Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529