Rutas xeolóxicas en Moeche



En colaboración co Concello de Moeche ponse en marcha o programa de xeorutas ou rutas xeolóxicas 2021. Ofértanse tres visitas guiadas: 


XEORUTA DO TOELO (+ VISITA AO CASTELO) 
Con esta visita guiada poderá coñecerse de primeira man un dos materiais ornamentais máis exclusivos que temos en Galicia, as serpentinitas ou toelo. Estas rochas, cunha fermosa cor verde, foron obxecto de explotación dende o século XIX en numerosas canteiras do concello de Moeche. Algunhas destas explotacións e os produtos finais do seu traballo (cruceiros, dinteis, hórreos, escaleiras, etc.) poderán visitarse e contemplarse nesta xeoruta. 

Duración: 4 h. Distancia: 3 km. Dificultade: Baixa 

Inscrición online: https://goo.gl/ooMj32



XEORUTA MINA PIQUITO 
Esta visita guiada posibilita adentranse na derradeira mina subterránea de cobre que se pechou en Galicia, contra o ano 1969. Nesta antiga explotación mineira poderanse observar unhas excepcionais formacións de estalactitas e estalagmitas de cor azul, verde, branca, marrón e negra. Todo isto unido a que as rochas que constitúen esta mina estiveron no fondo do mar hai aproximadamente 400 millóns de anos, farán que esta xeoruta non deixe indiferente a ninguén. Ver vídeo

Duración: 2 h. Distancia: 2 km. Dificultade: Baixa

Inscrición online: https://goo.gl/9oVX8Y



XEORUTA DO COBRE
Nesta ruta xeolóxica en colaboración co concello de Cerdido visitaranse as principais instalacións das antigas minas de cobre. Unha intensa actividade mineira que rematou arredor do ano 1969. Unha antiga cheminea de calcinación, unha pranta de tratamento químico, as balsas de estériles ou as entulleiras serán os principais puntos de visita polos que discorrerá esta ruta, que ten por objectivo coñecer de primeira man como se traballou nestas minas, que minerais se obtiveron delas, así coma a xeoloxía dos materiais presentes nesta zona.

Duración: 4 h. Distancia: 2 km. Dificultade: Baixa 

Inscrición online: https://bit.ly/2T2iGEF



Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog) 
Prezo: 9€         Prazas: 20 e só 10 na da mina 

Máis información no teléfono do concello (981 404 006) ou no email (correo@moeche.es). 


Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529