Rutas xeolóxicas en Ortigueira



Neste concello pertencente ao proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal ofértanse tres xeorutas ou rutas xeolóxicas nas que deseguido se mostra máis información ao respecto: 


XEORUTA DAS LAVAS 
Nas inmediacións do pobo mariñeiro de Espasante atópase un excepcional conxunto de materiais que foron orixinados por erupcións volcánicas submariñas hai máis de 400 millóns de anos, cando toda esta zona formaba parte do fondo dun antigo océano. Pero tamén poderán ollarse estruturas xeolóxicas que evidencian a alta deformación que sufriron as rochas de esta zona de Ortigueira. 

Duración: 4 h. Distancia: 4 km. Dificultade: Baixa 

Inscrición online: https://goo.gl/UN1RQK



XEORUTA DOS VOLCÁNS 
Hai máis de 470 millóns de anos en todo o litoral de Loiba había numerosos volcáns, con erupcións moi explosivas e violentas. A día de hoxe aínda se poden apreciar nas rochas esas pegadas deixadas polos volcáns. Do mesmo xeito é posible observar cantos rodados que hai millóns de anos viaxaban en grandes icebergs, cando esta zona estaba próxima ao Polo Sur. 

Duración: 4 h. Distancia: 7 km. Dificultade: Media 

Inscrición online: https://goo.gl/FthJna



XEORUTA DOS PENIDOS 
Nesta parte da serra da Capelada atopamos o maior afloramento de ecloxitas de todo o noso planeta, unhas rochas de récord que se orixinaron a máis de 100 quilómetros de profundidade, onde a presión é moi alta e iso permite que se formen os diamantes. Pero tamén visitarase o espectacular Pozo do Inferno e o macizo dos Penidos, un miradoiro natural con fermosas vistas panorámicas sobre a ría de Ortigueira

Duración: 4 h. Distancia: 8 km. Dificultade: Media 

Inscrición online: https://bit.ly/2ZAEaIa


Datas: consultar calendario (parte superior dereita do blog) 
Prezo: 9€                    Prazas: 20 

Para calquera cuestión: rutasxeoloxicasdegalicia@gmail.com ou por whatsapp no número 652 264 529